domingo, 7 de noviembre de 2010

Persoas con discapacidade

Unha persoa discapacitada é aquela que as súas posibilidades son mínimas á hora de obter un emprego, conservalo e progresar nel, como consecuencia dunha disminución física, sensorial e mental.
Máis de 500 millóns de persoas sofren esta enfermidade. Xeralmente a estas persoas négaselle a posibilidade da educación e da integración ó mundo laboral. Tamén son excluídos dos edificios públicos, do transporte,etc... debido ás súas limitacións físicas.
As persoas con discapacidades sofren ante estas discriminacións, pero tamén o fai a sociedade, xa que prescinden do enorme potencial que estas persoas poden aportar.
Numerosas asociacións loitan cada día por mellorar a vida deste colectivo. Entre elas a ONU,a cal conseguiu que no 1971 se proclamara a Declaración dos Dereitos do Retraso Mental e no 1975 a Declaración dos Dereitos dos Impedidos. Ambas coa finalidade de lograr que as persoas discapacitadas teñan os mesmos dereitos có resto dos seres humanos.
A pesar de ditos esforzos por mellorar a vida das persoas discapacitadas, seguen estando discriminados.
En resumen, as persoas discapacitadas teñen máis posibilidades que antes, pero séguense considerando persoas que están en risco de exclusión social.
A continuación, podedes ler aquí unha noticia interesante.

1 comentario:

  1. dunha ou outra forma houbo grandes avances nesta materia... pero aínda hai grandes obstáculos... salvo 4 ou 5 imbéciles a maioría da xente creo que se vai facendo unha idea de que calquera pode sufrir o día de mañá un problema destes na súa pel (calquer accidente te pode deixar así) e o velo nas propias carnes fai que se pense doutra maneira... de todos xeitos queda moito que facer ainda. Tanto no trato a estas persoas, (que considero que ten que ser un trato completamente normal... nin especial nin despreciativo, non por ter un problema así deixas de ser unha persoa normal) como nos obstáculos físicos e accesos a determinados lugares.

    ResponderEliminar