sábado, 27 de noviembre de 2010

Persoas con enfermidades terminais

Persoas con enfermidades terminais. Outro colectivo que está en risco de ser excluídos da sociedade, xa que, non cumpren as reglas da normalidade, por así dicilo.

En España miles de persoas padecen este tipo de enfermidades (cáncer, alzheimer...). Estas precisan axuda para que poidan levar este problema da mellor forma posible. Existen profesionais encargados destas tarefas, non só cós enfermos, senon tamén coas familias destes.

Dende o meu punto de vista, esta axuda debería de ser obrigatoria para todos. Non é fácil que nun futuro che digan que padeces unha enfermidade terminal, e ter que convivir con ela sen ningún tipo de apoio profesional. Por moi forte que sexas, opino que sempre precisas de especialistas que che axuden.

Se alguén está interesado en ler unha noticia relacionado con isto, pode pinchar no seguinte enlace: http://www.lavozdegalicia.es/sociedad/2010/11/27/00031290859758204357750.htm

FAO (Food and Agriculture Organization)


Pobo indíxena de Guatemala

A FAO lanza un proxecto para mellorar a vida dos pobos indíxenas. A súa labor é ensinarlles a maneira de traballar as terras nas que viven para poder vivir do seu producto.

Este colectivo representa unha porcentaxe baixa en todo o mundo. Non podemos dar os mesmos datos dos grupos que viven en pobreza. Os primeiros representan o 5% e os segundos o 15%.

A pesar de que non son porcentaxes moi altos, non podemos facer como se nada ocorrese, porque estos datos nun futuro pódense incrementar. Temos que loitar para que estos números se reduzan.

Por iso, a FAO loita porque esta situación cambie. Adxúntovos o enlace da noticia: http://www.elmundo.es/elmundo/2010/11/26/solidaridad/1290778702.html

domingo, 21 de noviembre de 2010

Mulleres: exclusión social

Moitas mulleres presentan problemas á hora de seren integradas na sociedade. Como sabemos todos, antigamente as mulleres practicamente non existían. Non tiñan nin voz nin voto. A medida que foron pasando os anos, esta situación foi cambiando. A pesar deste cambio, as mulleres en moitos casos seguen e seguimos en risco de exclusión social.

Isto provoca que se creen proxectos para rematar con esta lamentable situación. No concello de Ourense, o Ministerio de Igualdade abre un proxecto para formar a mulleres con estes problemas.

Deixovos aquí a noticia do diario La Voz de Galicia.

sábado, 13 de noviembre de 2010

Asociación Amicos

A asociación Amicos pon en marcha un proxecto para que persoas con discapacidade sexan integradas na sociedade. Este proxecto consiste na construcción dun ecoviveiro: producción de plantas e árbores para a repoboación forestal.
Esta asociación tenta axudar ás persoas en risco de ser excluídas da sociedade. Pretende que estos colectivos teñan o mesmo dereito a traballar que as persoas normais. Desde o meu punto de pista, admiro esta asociación, xa que, quere conseguir que desapareza esa problemática que existe coas persoas en risco de exclusión social. Que opinades?

Podes ler a noticia completa neste enlace: http://www.lavozdegalicia.es/barbanza/2010/03/13/0003_8352141.htm

A drogodepencia

A drogodependencia é unha patoloxía causada polo consumo frecuente de drogas. O proceso de drogodependencia consta de tres elementos: intoxicación, tolerancia e síndrome de abstinencia.
Todo drogodependente ten a necesidade de consumir para estar ben física e animicamente.
Unha persoa comeza a consumir drogas por diversas razóns: persoais, familiares, laborais,etc... Existen progamas de rehabilitación para a recuperación. Nestes programas,inténtase encontrar o motivo polo cal unha persoa comeza a consumir este tipo de substancias. Este sería o primeiro paso. 
Para deixar de consumir drogas, tamén e preciso ter forza de vontade. De nada serve que unha persoa esté en recuperación se non pon da súa parte para saír adiante.  
Unha das gran ferramentas para loitar contra o consumo de drogas é o deporte. Gracias o exercicio físico mellórase a capacidade de socialización, aumenta a autoestima, ocuparía o tempo de ocio, xa que, existe maior consumo de drogas neste tempo de ocio e facilita a producción de endorfinas.
Adxunto un enlace dunha páxina interesante sobre o proceso de recuperación: http://www.lasdrogas.info/index.php?op=InfoDocumento&idDocumento=91

domingo, 7 de noviembre de 2010

Persoas con discapacidade

Unha persoa discapacitada é aquela que as súas posibilidades son mínimas á hora de obter un emprego, conservalo e progresar nel, como consecuencia dunha disminución física, sensorial e mental.
Máis de 500 millóns de persoas sofren esta enfermidade. Xeralmente a estas persoas négaselle a posibilidade da educación e da integración ó mundo laboral. Tamén son excluídos dos edificios públicos, do transporte,etc... debido ás súas limitacións físicas.
As persoas con discapacidades sofren ante estas discriminacións, pero tamén o fai a sociedade, xa que prescinden do enorme potencial que estas persoas poden aportar.
Numerosas asociacións loitan cada día por mellorar a vida deste colectivo. Entre elas a ONU,a cal conseguiu que no 1971 se proclamara a Declaración dos Dereitos do Retraso Mental e no 1975 a Declaración dos Dereitos dos Impedidos. Ambas coa finalidade de lograr que as persoas discapacitadas teñan os mesmos dereitos có resto dos seres humanos.
A pesar de ditos esforzos por mellorar a vida das persoas discapacitadas, seguen estando discriminados.
En resumen, as persoas discapacitadas teñen máis posibilidades que antes, pero séguense considerando persoas que están en risco de exclusión social.
A continuación, podedes ler aquí unha noticia interesante.

Humillación dun periodista a un mendigo



Desagradable acontecemento en Hamburgo, onde o Atlético de Madrid xogaba a Europa League.
Un periodista da cadea de televisión Cuatro, Manolo Lama, HUMILLA a un mendigo que se encontraba nas rúas de dito país.
Neste suceso, a maneira de actuar deste periodista produce desagrado, náuseas, asquerosidade, etc.
Manolo Lama tentou xustificarse dicindo que non pretendía humillalo. Entón a que punto quería chegar? Se realemente non era esa a súa intención, senon o contrario, non houbese permitido que moitas das persoas que se encontraban alí, lle entregasen ó indixente un móbil, a visa, etc... como podemos apreciar no vídeo. Xestos de "xenerosidade" que foron levados a cabo simplemente pola gracia de saír nos medios de comunicación. Se realmente Manolo Lama o quería axudar, ese non era o camiño correcto. O correcto sería axudalo sen vacilalo,sen entregarlle obxectos para crearlle falsas ilusións e acabar arrebatándollos ó final da reportaxe ou incluso ós poucos minutos.

viernes, 5 de noviembre de 2010

Expulsión dos xitanos rumanos

Ano 2010, 28 de xullo. 
Nicolas Sarkozy comeza coa expulsión dos xitanos do país galo. Centos de xitanos tiveron que abandoar tristemente os seus rudimentarios fogares.
Ano 1789, coincidindo coa Revolución Francesa, proclámase a Declaración dos Dereitos do Home e do Cidadán. Nela álzanse valores tales como a igualdade entre os seres humanos, a liberdade, a fraternidade... Polo tanto, parece ser que voltamos a dar pasos cara atrás no que ós dereitos do cidadán se refire. Se todos os seres humanos temos dereito a dita igualdade, liberdade, etc. Pódese considerar este acto levado a cabo polo presidente francés unha medida xusta?
Tamén foron graves as acusacións que este mandatario fixo respecto á determinadas clases sociais, acusándoas de delicuentes polo simple feito de pertencer a unha ou outra raza, ou por ser dun ou doutro país de procedencia. Alegando estes pretextos toma a xustiza pola súa man e decide libremente actuar de forma inxusta. Cabe destacar que outros mandatarios, incluído Zapatero e Rajoy, ratifican estas decisións como correctas.

Le aquí a noticia no diario ABC.

Que opinades ó respecto?