Moitas mulleres presentan problemas á hora de seren integradas na sociedade. Como sabemos todos, antigamente as mulleres practicamente non existían. Non tiñan nin voz nin voto. A medida que foron pasando os anos, esta situación foi cambiando. A pesar deste cambio, as mulleres en moitos casos seguen e seguimos en risco de exclusión social.
Isto provoca que se creen proxectos para rematar con esta lamentable situación. No concello de Ourense, o Ministerio de Igualdade abre un proxecto para formar a mulleres con estes problemas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario