
Nicolas Sarkozy comeza coa expulsión dos xitanos do país galo. Centos de xitanos tiveron que abandoar tristemente os seus rudimentarios fogares.
Ano 1789, coincidindo coa Revolución Francesa, proclámase a Declaración dos Dereitos do Home e do Cidadán. Nela álzanse valores tales como a igualdade entre os seres humanos, a liberdade, a fraternidade... Polo tanto, parece ser que voltamos a dar pasos cara atrás no que ós dereitos do cidadán se refire. Se todos os seres humanos temos dereito a dita igualdade, liberdade, etc. Pódese considerar este acto levado a cabo polo presidente francés unha medida xusta?
Tamén foron graves as acusacións que este mandatario fixo respecto á determinadas clases sociais, acusándoas de delicuentes polo simple feito de pertencer a unha ou outra raza, ou por ser dun ou doutro país de procedencia. Alegando estes pretextos toma a xustiza pola súa man e decide libremente actuar de forma inxusta. Cabe destacar que outros mandatarios, incluído Zapatero e Rajoy, ratifican estas decisións como correctas.
Le aquí a noticia no diario ABC.
Que opinades ó respecto?
Eu opino que tristemente un papel ten máis peso que unha persoa...
ResponderEliminarEstamos supeditados a decisións (en moitos casos despreciables e absurdas) de "politiqueiros" que pretenden gañar votos, para seguir comendo ben do estado, con políticas antisociais e deshumanizadas que tanto gusta a determinadas ideoloxías