viernes, 5 de noviembre de 2010

Expulsión dos xitanos rumanos

Ano 2010, 28 de xullo. 
Nicolas Sarkozy comeza coa expulsión dos xitanos do país galo. Centos de xitanos tiveron que abandoar tristemente os seus rudimentarios fogares.
Ano 1789, coincidindo coa Revolución Francesa, proclámase a Declaración dos Dereitos do Home e do Cidadán. Nela álzanse valores tales como a igualdade entre os seres humanos, a liberdade, a fraternidade... Polo tanto, parece ser que voltamos a dar pasos cara atrás no que ós dereitos do cidadán se refire. Se todos os seres humanos temos dereito a dita igualdade, liberdade, etc. Pódese considerar este acto levado a cabo polo presidente francés unha medida xusta?
Tamén foron graves as acusacións que este mandatario fixo respecto á determinadas clases sociais, acusándoas de delicuentes polo simple feito de pertencer a unha ou outra raza, ou por ser dun ou doutro país de procedencia. Alegando estes pretextos toma a xustiza pola súa man e decide libremente actuar de forma inxusta. Cabe destacar que outros mandatarios, incluído Zapatero e Rajoy, ratifican estas decisións como correctas.

Le aquí a noticia no diario ABC.

Que opinades ó respecto?

1 comentario:

  1. Eu opino que tristemente un papel ten máis peso que unha persoa...
    Estamos supeditados a decisións (en moitos casos despreciables e absurdas) de "politiqueiros" que pretenden gañar votos, para seguir comendo ben do estado, con políticas antisociais e deshumanizadas que tanto gusta a determinadas ideoloxías

    ResponderEliminar