domingo, 7 de noviembre de 2010

Humillación dun periodista a un mendigo



Desagradable acontecemento en Hamburgo, onde o Atlético de Madrid xogaba a Europa League.
Un periodista da cadea de televisión Cuatro, Manolo Lama, HUMILLA a un mendigo que se encontraba nas rúas de dito país.
Neste suceso, a maneira de actuar deste periodista produce desagrado, náuseas, asquerosidade, etc.
Manolo Lama tentou xustificarse dicindo que non pretendía humillalo. Entón a que punto quería chegar? Se realemente non era esa a súa intención, senon o contrario, non houbese permitido que moitas das persoas que se encontraban alí, lle entregasen ó indixente un móbil, a visa, etc... como podemos apreciar no vídeo. Xestos de "xenerosidade" que foron levados a cabo simplemente pola gracia de saír nos medios de comunicación. Se realmente Manolo Lama o quería axudar, ese non era o camiño correcto. O correcto sería axudalo sen vacilalo,sen entregarlle obxectos para crearlle falsas ilusións e acabar arrebatándollos ó final da reportaxe ou incluso ós poucos minutos.

1 comentario:

  1. os que coñecemos a ideoloxía deste... deste... deixémolo en impresentable, non nos sorprenden estas actuacións. é máis que lamentable que persoas tan populares e tan alabadas dende determinados bandos xoguen con estas cousas e metan ó deporte nestes barullos. non é o primeiro que o fai e por desgracia non será o último. non menos malo é o de moitos referentes no mundo do deporte que non son capaces de gardar un RESPECTO cando miles de nenos en todo o mundo teñen os ollos postos neles... mentres non se sancionen estas cousas estaremos educando así a futuras xeracións.

    ResponderEliminar